jueves, 14 de enero de 2016

As expediciones polares de Amundsen

Neste segundo trimestre propoñemos ao alumnado de 5º e 6º nivel que investigue un pouco sobre a apaixonante vida do explorador polar Amundsen e a conquista do Polo sur. A principios do século XX só algúns homes penetraron no interior do continente Antártico e Amundsen é un deses heroes que con poucos medios lograron a fazaña de conquistar unha meta á que ninguén chegara.

Para iso propoñémosvos a lectura dun libro moi recomendable sobre a vida e as expedicións polares realizadas por Amundsen, publicado pola editorial Weeble, que atoparedes descargado nos iPads da biblioteca na aplicación iBooks ou impreso xunto aos demais libros que hai na exposición sobre os Polos. Tamén estará nos PCs da bilioteca.
Os que prefirades lelo desde os vosos computadores na aula durante o proxecto lector, achegámosvos o documento.


Tamén achegámosvos un cuestionario que vos entregarán os vosos titores para que completedes despois de ler sobre as distintas expedicións protagonizadas por Amundsen. Poderedes resolvelo individualmente, en parellas ou en grupo.



Enviádenos un correo co documento cando teñades anotadas todas as respostas ou entregarllo a alguna das profesoras do Equipo de Biblioteca para poder elaborar o ranking do segundo Brozo-reto.

Quen de vós converterase nun verdadeiro experto sobre expedicións polares?

4 comentarios:

  1. Ya que Admunsen fue el primero en llegar al Polo Sur, los de 6B hemos sido los primeros en resolver el reto!!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Requeteprimeiros!!!!!! Bo traballo... Tedes a insignía máis que gañada...
      Saudiños

      Eliminar
  2. los alumnos de 6ºC ya completamos el 2º brozorretos!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Requetesegundos!!!!!! Moi rápidos tamén... Hai só unha diferenza de 26 minutos... Moi bo traballo tamén. Insignia marchando!!!!!!!
    SAudiños

    ResponderEliminar