lunes, 29 de febrero de 2016

Descubrindo Mundos: China


Todo preparado para iniciar a nosa viaxe a... China! Durante este mes os nosos peques de Infantil asistirán á Aula de Contos e aprenderán moitas cousas sobre a nación, a cultura e a linguaxe chinesa. 
Gustaríavos sobrevoar China a lombos dun magnífico dragón? Ver desde o máis alto os Montes Karst ou a Gran Muralla Chinesa? Gustaríavos comer nun auténtico restaurante chinés ou comprar porcelana? E perdervos nun bosque de bambú xunto a un grilo e un oso panda? Coñecedes aos Guerreiros de Xian? Gústanvos os fogos artificiais? Sabedes o que é unha pagoda?...
Entón non podedes faltar á proxección que tedes preparada na Aula de Contos de Infantil onde descubriredes todos os segredos de China coa nosa amiga Tina.


E que tal se ademais aprendemos unha canción que fala de amor chinés? Parécevos un bo plan? Pois non dubidedes en vir para desvelar todos estes misterios.


Completaremos a viaxe decorando o voso nome en chinés e os "máis maiores" escribiredes tamén o seu significado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario