Neste ano 2016 cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, un dos grandes xenios da literatura de todos os tempos.
Por iso ampliamos os nosos fondos da biblioteca con contos e biografías sobre Cervantes así como novas adaptacións do QUIXOTE contadas aos nenos e nenas. Unha gran novela chea de aventuras divertidas e marabillosas, de soños e de maxia, de ensinos e leccións... Un libro de lectura obrigada agora ao alcance dos máis cativos.
En abril, durante a semana do libro, o Equipo de Biblioteca organizará distintas actividades sobre Cervantes e a súa obra. De momento deixámosvos unha guía de lectura con distintas versións do Quixote para que vos vaiades afeccionando un pouco máis a este xenial personaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario