lunes, 14 de marzo de 2016

Caer de cu polo Universo

O noso Universo de Contos deste mes de marzo levounos a tombos polo espazo da man da astronauta viaxeira Pandora, que afociñou varias veces durante o conto.


Aprendemos sobre constelacións, grupos de estrelas que fan debuxos molóns como o Setestrelo e o Carro. Investigamos a Lúa tan chea de cráteres e o Sol, que parece unha galleta María nun batido de leite quente. Vimos a nosa Vía Lactea...
E por fin dende moi lonxe vimos a nosa Terra que parece unha canica. Tan bonitiña e lindiña porque é nosa e somos dela. Foi aí cando nos decatamos que o mundo non ten cu... todo el é un CU!


Pandora deixounos de regalo po estelar que repartimos entre todos os nenos e nenas para que levasen un anaco do Universo nas súas mans.

No hay comentarios:

Publicar un comentario