jueves, 10 de marzo de 2016

Libros de curiosidades: "Los Superpreguntones"

Quen de nós non formulou algunha vez unha pregunta que nos inquietase e que ninguén soubo contestar?
Ás veces os adultos empezamos a tremer cando un superpreguntón míranos directamente aos ollos e abre a boca para dicir POR QUE?: Por que o espazo é negro? Por que sae o arco da vella? Por que sopra o vento? Que pasaría se non tivésemos ósos? A que velocidade saen os espirros? Os peixes pechan os ollos ao durmir? Por que as cebras teñen raias? Os animais teñen que cepillarse os dentes?... 
Con esta colección de libros de Vox "Los Superpreguntones" poderedes atopar todas as respostas!  


Estes libros abordan distintas temáticas como o corpo humano, os animais, a Terra e o Universo... Todas as preguntas poderédelas ver indexadas nun sumario ao principio de cada libro  e logo desenvólvense ao longo das páxinas acompañadas duns debuxos tan delirantes como ilustrativos que farán que a lectura sexa moi amena e fácil de entender.


No hay comentarios:

Publicar un comentario