Un músico acaba de recibir o máis importante galardón que se concede a un escritor: O Nobel de Literatura. Esta vez haberá que correr á tenda de discos en vez de ás librerías.
Bob Dylan empeñouse en contar historias, como as que temos na biblioteca. Como di Bruce Springsteen as súas son "historias que conteñen o mundo enteiro". E co que nos gustan as boas historias!!!!
Na maioría dos casos os autores premiados cun Nobel son xente moi seria, que escribe obras moi complicadas, pero a música non coñece de idades e a súa ten a capacidade única de remover a alma, axitar a conciencia e ilustrar os recordos. Temos a excusa perfecta para escoitar boa música durante os nosos proxectos lectores desta semana. Música e lectura sempre casan ben.
Aquí deixámosvos unha lista con algunhas das mellores cancións de Dylan que pasaron á historia como clásicos da música, e que agora suman un importante novo mérito con este Nobel.
Aquí deixámosvos unha lista con algunhas das mellores cancións de Dylan que pasaron á historia como clásicos da música, e que agora suman un importante novo mérito con este Nobel.
Parabéns, Mr. Dylan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario