Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas.
Así que empezamos como rematamos... cunha exposición con todas as nosas novidades da sección de informativos que teredes expostas na biblioteca. E por iso de poñer un pouco de orden e arrancar con moita forza, compartimos con vós o noso boletín de novidades que tratará de recoller cada mes aquelas novidades máis destacadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario