Como xa sabedes este ano as Bibliotecas escolares convírtense en "Territorio das Artes" e nós aproveitamos o Día das Bibliotecas (o 24 de outubro) para por en marcha o noso proxecto anual, que durante este primeiro trimestre dedicarase á pintura.
Temos unha serie de actividades programadas para o vindeiro luns que non vos podedes perder. A continuación facemos un breve resumo delas:
Educación Infantil - "Descubrindo a Kandinsky": os máis peques do cole pintarán grandes murais cheos de cor e siluetas emulando ao xenial pintor ruso Kandinsky ao ritmo da música.
1º, 2º e 3º nivel - "Descubrindo a Mondrian": os nosos Mini-bibliotecarios visitarán todas as aulas destes niveis durante o Proxecto Lector para ler un conto proxectado na PDI. Un libro publicado pola Editorial Weeble para que os nenos e nenas achéguense de maneira sinxela á obra deste xenial pintor abstracto.
Completarán esta actividade pintando a Brociños ao estilo Mondrian.
4º nivel - "Atrapa Pintores": Mediante a app de realidade aumentada Wallame o alumnado terá que "cazar" grandes obras de pintura española de todos os tempos escondidas nas paredes do pavillón I. Cada parella de nenos e nenas terá un móbil do centro e farán unha captura de cada cadro que atopen e a enviarán á súa conta de enderezo electrónico.
No adxunto están as obras de arte que terán que atopar con información de cada unha e con algunhas preguntas que terán que investigar unha vez finalizada a actividade.
5º e 6º nivel - "A Mondrian gústalle Minecraft": Durante toda a mañá, todo o alumnado visitará a biblioteca e tentará reproducir un cadro ao estilo Mondrian nos iPads que teremos dispoñibles do centro para ese día. Minecraft conxugará ben con Mondrián?
No hay comentarios:
Publicar un comentario