martes, 25 de octubre de 2016

O Papagaio: novo xornal mensual en galego

Xa chegou á nosa biblioteca o primeiro exemplar do xornal escolar "O Papagaio". Este proxecto vén da man do Estudio Carreiro e o seu selo Edicións Moito Conto, onde, á parte do traballo de Pepe e Abraham Carreiro, tamén atopamos destacados colaboradores que se encargan das diferentes seccións.

Os seus contidos básicos son: Actualidade, Historia e Cultura, Ecoloxía, Ciencia e Tecnoloxía, Natureza, Banda Deseñada, Integración... Ademáis ten seccións abertas a colaboracións con centros educativos.

Podedes visualizalo na seguinte ligazón:
https://www.flipsnack.com/opapagaio/

Como podedes ver, hoxe no recreo, xa había varios interesados e interesadas en botarlle unha ollada.

1 comentario:

  1. Que ben!! Paréceme moi interesante. Graciñas por traer boas novas!!

    ResponderEliminar