viernes, 17 de marzo de 2017

Encontro con María Canosa


Hoxe os nenos e nenas de 6º nivel tiveron unha visita moi agardada por todos nós na biblioteca. Visitounos María Canosa para falarnos, entre outras moitas cousas, do seu libro Druídas.


E dicimos entre outras moitas cousas, porque nos desvelou algún segredo para chegar a ser bos escritores... Ademais, conmoveunos coa súa resposta á pregunta sobre o personaxe principal do libro, o avó de Area. Contounos unha bonita historia que lle aconteceu ao seu propio avó e que dela sacou moitas das cousas que o avó de Area fai no libro.
Agradeceunos tamén ser tan bos lectores porque grazas a nós existen as historias e os soños.


Houbo tamén tempo para firmar todos os exemplares do noso alumnado, para deixarnos unha bonita dedicatoria do seu paso pola nosa biblioteca e de facerlle entrega dun pequeno agasallo de cortesía do centro.
Grazas María... seguiremos lendo!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario