Hoxe tivemos unha visita que nos fixo moita ilusión: viñeron as profes e os peques das EEI de Larín, Roris e A Lagoa. E foi a mellor escusa para recuperar un conto ao que lle temos moito cariño La estrella de Laura da Editorial Beascoa.
Como xa saben moitos dos nosos peques, Laura é unha nena que atopa unha estrela que caeu do ceo e a leva a casa para curala. Laura aprende que, ás veces, temos que deixar marchar as cousas que máis queremos, ainda que sexa con tristura. Iso sí, sempre haberá unha estrela no ceo que brille de forma especial para Laura.
O conto veu cunha sorpresa: Brociños deixounos nunha caixa tres estrelas que caeron onte en Sisalde e que nós enviamos de novo ao ceo suxeitas nuns globos superchulos. Subiron moi rápidos e seguímolos coa vista ata que desapareceron...
Foi un momento de moitos nervios e emocións xunto con moitos berros de ledicia, que nos deixaron moi famentos, así que devoramos a merenda, que ven merecida a tiñamos!!!
Foi un momento de moitos nervios e emocións xunto con moitos berros de ledicia, que nos deixaron moi famentos, así que devoramos a merenda, que ven merecida a tiñamos!!!
Foi un pracer coñecer ás profes e aos nosos futuros pequenos e pequenas. Moitas grazas pola vosa visita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario