jueves, 19 de octubre de 2017

Día das Bibliotecas Escolares 2017


Como todos os anos presentaremos o noso proxecto anual "Pensando dende a biblioteca" no Día das Bibliotecas Escolares. Para os días 23 e 24 temos programadas varias actividades con contos que non vos podedes perder.

Os nenos e nenas de Infantil e 2º de Primaria terán que pensar para que serve un libro. Unha pregunta con moitas respostas posibles, verdade? Para iso os nosos Mini-bibliotecarios serán os encargados de contarvos primeiro o conto da autora Chloé Legeay que está ilustrado con todo detalle e moito humor, durante o proxecto lector e nas distintas aulas o vindeiro martes 24 de outubro.


O alumnado de 1º de Primaria, como este ano iníciase na robótica, coñecerá ao rato Wendel o inventor.  Que dea comezo a batalla robótica!


O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria viaxará a Exipto para coñecer a incrible historia de Eratóstenes, un famoso matemático que hai dous milenios chegou á conclusión de que a terra non era plana e infinita senón que era redonda. Como se daría conta disto hai máis de 2000 anos? Pronto o saberedes...
O conto interactivo chámase "O home que descubriu a Terra"  da app Blue Planet Tales.

2 comentarios: