viernes, 20 de octubre de 2017

Novos usuarios na biblio

Os alumnos de 1º e 2º nivel xa recibiron a súa formación inicial. Todas as aulas foron convidadas á biblioteca para recibir a benvida do noso moucho Brociños.
Alí localizaron os libros dos primeiros lectores, os informativos, os comics, as revistas, os iPads, os ordenadores... 


Como Brociños quere que os nenos e nenas do noso cole lean moito, trouxo o conto "A estrela de Laura" para que as profes encargadas da biblio o contaran.
Ademais, tamén repartiu agasallos: o Broci-colgante para o alumnado de 1º e o Broci- chaveiro para os de 2º para que lles axude a convertirse en grandes lectores. Moitos ánimos para tod@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario