Esta era unha conta pendente da biblioteca dende fai anos. Os números daban moito medo. Casi 400 padriños e madriñas e o mesmo número de afillados e afilladas. 15 aulas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 15 aulas de Educación Infantil. Unha semana completa de apadriñamentos.
Pero este ano tiña que ser: espazos, horarios e moito conto para arriba e para abaixo.
E alá fomos...
E alá fomos...
Unha vez lanzada, a actividade empezou a crecer en mans das titoras e titores: houbo visitas e merendiñas previas ao apadriñamentos. Fotos intercambiadas e nomes aprendidos. Pequenos agasallos que levaban moita ilusión engadida e moitos ensaios previos porque todos e todas querían contar o mellor conto aos seus afillados. Sobre todo houbo lazos, deses que nos unen e que nos fan felices.
Resumir o día é practicamente imposible. Moita emoción e sensibilidade.
As nosas titoras e titores conseguiron converter unha desventaxa nunha fortaleza. Así somos... Parabéns!!!
6º de Primaria / 3 anos
5º Primaria / 4 anos
4º Primaria / 5 anos
No hay comentarios:
Publicar un comentario