Rematamos o pasado luns a nosa "resemana" do Libro cunha boa dose de Rock da man do noso profe de música Javi Naya. Esta vez veu acompañado dos seus amigos Moncho e Mon e entre os tres deron un repaso ao Rock e ao Blues con música de Jimi Hendrix, Deep Purple, Queen, Iron Maiden, Led Zeppelin, Gary Moore, The Who, AC/DC... así como unha pequena homenaxe ao recente Premio Nobel de Literatura 2016 Bob Dylan coa canción "Knockin´ on Heaven´s Door"
Houbo tempo para clásicos pero tamén para aprender a diferencia entre un baixo e unha guitarra ou para oir unha jam session en directo partindo de tres notas.
Moitas grazas Javi, por regalarnos este pedazo de concerto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario