Fai dous anos que botou a andar o noso Club de Lectura para os nenos e nenas de 5º e temos que confesar que é unha das nosas actividades favoritas.
Todos os venres toman a biblioteca e a enchen de palabras e de textos compartidos. Á rapazada do club de lectura gústanlle as historias de nenos e
nenas un pouco trastes. Son a perfecta escusa para falar das trasnadas propias e
alleas e botar unhas boas risas. Lemos e redescubrimos libros de sempre. Agora Tom Sawyer, a panda de Eiranova e Pipi Mediaslongas xa non teñen segredos para eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario