Os máis cativos celebraron a semana das Letras Galegas ao grande na Aula de Contos de Infantil con diversas actividades organizadas polas súas titoras.
As profes Ana Sánchez e Carmen Nemiña foron as encargadas de adaptar e poñerlle voz ao libro infantil de Maria Vitoria Moreno "A festa no faiado" que conta a historia dunha boneca, Uxía, que foi abandonada no faiado cando a súa dona se fixo maior.
Fixeron bandeiras coa homenaxeada, cantaron un rap dedicado a ela... e ao final todos encantados de coñecer un pouco máis a esta xenial escritora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario