Entramos na semana das Letras Galegas! Como sabedes a Real Academia Galega promove desde 1963 a celebración do Día das Letras Galegas, dedicada cada ano a unha figura destacada polo seu labor a favor da lingua e a literatura galega.
Este ano renderase homenaxe á escritora e profesora María Vitoria Moreno Márquez e Galicia encherase de actos sobre o seu legado.
María Vitoria Moreno é pontevedresa de adopción. Chegou a Galicia en 1963 e namorouse da nosa terra. A propia autora declaraba en 1993: “A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario