Esta vez toca felicitar ao grupo de compañeiras e compañeiros (Mónica, Loreto, Susana, Emi, Ángel e Fernando) que estudan a gamificación da
lectura pois o seu traballo foi seleccionado como finalista no “V Concurso Proyecta Innovación” co seu traballo Mastigar e dixerir un libro: A Fraga Milmañas, conseguindo ao final un accésit que recoñece o seu esforzo e orixinalidade.
Baseándose na
idea de que a lectura pode ser un xogo, deseñouse un proxecto que une varios
elementos: ABP, Gamificación, Aprendizaxe Móbil e o libro "A Fraga
Milmañas". Ideáronse unha serie de retos que o alumnado deberá superar para convertirse en
creadores de banda deseñada: facer unha nova versión do libro onde as
personaxes están en Sisalde.
Un pracer traballar con profes coma vós. Parabéns!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario