martes, 15 de enero de 2019

Recoñecemento da UNESCO

A primeira entrada do blog deste ano é moi especial. O noso centro foi 1 dos 7 centros seleccionados entre 100 propostas sobre mellores prácticas de aprendizaxe móbil pola UNESCO, que reflicte 16 anos de compromiso no uso das TICs no eido educativo. Como consecuencia disto fomos invitados a participar na Mobile Learning Week a celebrar na sede central da Unesco en París entre os días 4 e 8 de marzo.


Neste momento somos 79 mestres e mestras no cole pero durante 16 anos moitos máis pasaron, un sinnúmero deles e todos con nome propio. Temos 1160 nenos e nenas e sería imposible contar todos os que estiveron no centro durante estes 16 anos. E tamén moitas familia detrás. Todos e cada un sumamos para facer o que somos hoxe en día. 
Aínda que o pareza, esta non é unha entrada de matemáticas pero estes números axudan a ser máis conscientes do camiño percorrido entre todos e todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario