As Maletas Poetas xa andan polas casas das nosas familias para encherse con poesía. Este ano axudounos a arrincar o proxecto os poemas de Mar Benegas co seu libro Con el ojo de la i que dende aquí recomendamos... Estas maletas axudan a que a poesía, tan presente no mundo de infantil, continúe tendo peso cando imos crecendo como una forma de crear mundo luminosos e acolledores grazas a música e o misterio que agochan as palabras.
A poesía está escrita para ser lida en voz alta así que animádevos a facer recitais nese máxico tempo de "conto antes de ir durmir" que moitos de vós facedes cos vosos fillos e fillas na casa. E non deixedes que desapareza nunca da súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario