viernes, 15 de febrero de 2019

Así cosían, así, así...

Fai dous meses Paola Guimeráns abriunos a porta dos e-textiles. Mostrounos como traballar a creatividade con circuitos cosibles. Tiñamos a porta aberta pero cruzala daba un pouco de medo. Temos descuberto que neste mundo dos makers na que a biblioteca anda a buscar un camiño, hai xente xenial, colaboradora, entusiasta e sempre disposta a axudar. E aí entran Manuel Miramonte e Pilar Lamas, Makers da Domus. Alá fomos a arrincar e-textiles con eles, porque xuntos todo parece máis fácil.
Deseñamos e fabricamos fundas de móbil, pequenos estoxos e pulseiras. Todos foron facendo e escollendo o grado de dificultade no que moverse. Aprendemos que o camiño é tan importante como o destino. As dificultades foron xurdindo e fomos buscando solucións reais a luces leds que non se acendían, a dar puntadas sen lear o fío, a enfiar agullas ou a poñer un interruptor. Aprendemos tamén a axudar aos compañeiros porque ninguén pode quedar atrás...
Houbo deseños minimalistas e houbo profusión de adornos. Houbo colorido, pompóns, estrelas, corazóns... Unha infinidade de posibilidades.
Todo nun espazo que xa case recoñecemos como a nosa casa: a Domus e os seus makers.


No hay comentarios:

Publicar un comentario