viernes, 22 de febrero de 2019

#LibreOMeuPensamento


Para a celebración do Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega lanzou unha proposta baixo o lema: Do XIX ao XXI: Libre o meu Pensamento! co obxectivo de desenvolver actividades que permitisen ao alumnado observar e reflexionar sobre a vixencia do amplo abano de inxustizas sociais, incluída a situación da lingua galega, presentes na obra de Rosalía de Castro.


Para isto, despois de facer un repaso nas distintas aulas da figura literaria da autora, elaboráronse xigantescos murais cos seus poemas e hoxe realizáronse polos corredores dos distintos pavillóns algunhas lecturas simbólicas arredor dos versos escollidos por cada nivel. 
Aquí vai unha mostra

No hay comentarios:

Publicar un comentario