Curiosity é un robot explorador que vive en Marte. A súa misión é investigar se houbo algunha vez vida no planeta vermello. Hoxe coñecimos a súa historia na biblioteca grazas ao libro do mesmo título da Editorial Flamboyant.
Foi o prólogo para a actividade de cacharreo que xa vos anunciamos: Os Garabateadores. Estes pequenos artiluxios fanse cun motor de vibración que produce movementos inusuais e que van deixando o seu percorrido nun papel.
Todos tiñamos claro que o máis importante era o motor e que ese motor necesitaba enerxía en forma de pila... O que xa non estivo tan claro foi como conectar a pila ao motor. Houbo que probar e reprobar ata que un deu coa solución: Elisa, Roi, Román... e todos os seguimos. Puxemos as primeiras hélices de silicona ou cortiza.
Necesitamos tamén un vaso de papel a modo de corpo do robot pero de novo tivemos que investigar como colocar ese motor para que a hélice non chocase. O paso final foi colocar os rotuladores. Todo listo!!!!
Acabamos con guerras de garabateadores, vendo como chocaban e cambiaban o rumbo e observando que cada un movíase de forma diferente, que había trazos contínuos e outros a saltos...
E todo mentres a nosa impresora 3D imprimía rodas robóticas que deseñaron os nenos e nenas de 6º A... pero isa é outra historia.
No noso site Makers PdB xa temos subida Unidade Didáctica da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario