Tiñamos un reto: deseñar rodas para o escornabot porque queríamos participar no concurso promovido por @escornabot e unha data de entrega: 24 de febreiro.
Había moito que facer e pouco tempo. O primeiro que fixemos foi rexistrarnos para usar Tinkercad, un programa de deseño en 3D. Logo descargamos a roda do escornabot da plataforma Thingiverse e subímola ao noso Tinkercad.
Durante o mes andivemos a deseñar as nosas rodas... Con aulas de 2º e 6º. Foi a primeira vez para mestras, nenos e nenas.
Nas primeiras sesións, aprendemos a colocar unha figura xeométrica no plano de traballo, duplicala, virala, redimensionala e cambiarlle a cor. Aprendemos a facer ocos e a unificar varias pezas para convertilas nunha soa.
Unha vez que dominamos as posibilidades, chegou o momento do deseño da roda escornabótica. De todas as posibilidades, escollemos a que nos gustou para subila de novo a Thingiverse. Iamos como motos... pero cruzouse o Entroido, e xa sabedes o que é iso... Retrasámonos e non chegamos por un día!!
Non gañaremos o escornabot pero divertímonos e aprendimos moito. Agora estamos a imprimir as rodas para a súa exposición. Aquí a tedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario