Que mellor maneira de celebrar o mes de marzo que enchendo o colexio con poesía escrita por mulleres!! O Equipo de Convivencia propuxo para este mes traballar mulleres poetas e ás aulas chegaron as poesías de Mar Benegas, de Gloria Fuertes, de Gabriela Mistral, da nosa Rosalía de Castro, de Mª Elena Walsh, de Elena Viñas e de Marga Tojo.
Este ano está sendo un ano para recuperar a poesía no noso cole, ás veces esquecida ou reducida aos primeiros cursos. É o momento de lembrar o importante papel que xoga nas vidas dos pequenos e pequenas pero tamén na nosa vida de adultos como un lugar de sanación, que nos axuda a enfrontarnos a realidades que doutro xeito son demasiado duras e desgarradoras. Un lugar de música, onde as palabras xogan unhas con outras para chegar directas de corazón a corazón. Porque, aínda que ás veces non se entenda... a quen lle importa?
Quen mellor que unha poeta para facenos entender a importancia da poesía?
Recomendamos a lectura do artigo de Mar Benegas sobre El Hilo Poético, onde atoparedes ideas para "tejer poesía en familia", si algunha vez se olvidou, porque ese fío nunca pode romperse.
Noraboa ás compis de convivencia por arrastrarnos tras delas na procura da poesía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario