Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento de Hans Christian Andersen, o IBBY (International Board on Books for Young people) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil.
Este ano é o ilustrador Kęstutis Kasparavičius o encargado de elaborar a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo. No seu texto recordanos que os libros axúdannos a vivir a modo, a fuxir das presas e do reloxo. Desde eles e con eles aprendemos a ver o mundo que nos rodea. Neste mundo de sobreinformación e careiras contraleloxo, os libros fannos acougar.
O vindeiro día 2 no Proxecto Lector temos unha cita coa lectura da mensaxe e, como non, con Andersen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario