sábado, 2 de marzo de 2019

Un Entroido de conto

E chegou o día... onte fixéronse reais en Ponte dos Brozos moitos dos personaxes dos contos de literatura infantil que todos coñecemos facendo alusión á nosa lista dos imPrescindBles.

Había moitos intrépidos piratas que son sen dúbida os personaxes máis famosos representados nas aventuras de libros infantís.


Tamén moitos dálmatas acompañados pola malvada Cruella de Vil.


Dando a volta ao mundo andaban excéntricos cabaleiros ingleses (Willy Fog) cos seus talentosos mordomos franceses (Rigodón) e princesas indias (Romy)


Tamén estaba representado o marabilloso mundo de Alicia coa Raíña de Corazóns, o Coello Branco, o Sombrerero Tolo, a Lebre, o Gato de Cheshire, os Naipes...


Tamén moitas ratas saíndo dos seus cubís e buracos camiñando cara a onde soaba a música tocada polos Frautistas de Hamelín.


Polos bosques de Brocelianda en Bretaña estaban os magos máis famosos da historia (Merlín) e inspiradores de moitos magos da literatura universal.


Polos corredores de Infantil apareceron os pequenos aprendices de maxia e feitizaría (Harry Potter), moitos animais mariños (estrelas de mar, medusas, golfiños, tartarugas e cabaliños de mar) percorrendo 20000 leguas no submarino Nautilus e tamén moitos Peter Pans tentando voar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario