martes, 28 de mayo de 2019

Visita das unitarias

Un ano máis recibimos aos nosos compañeiros das unitarias para que coñezan o seu novo cole do ano que vén. O alumnado de Infantil da clase dos Esquíos e dos Mouchiños representaron na aula de Contos dúas obras de teatro baseadas en dous contos moi coñecidos para eles. A primeira delas "Vou a Comedte" coa que algún dos cativos conseguiu sacar un pelo da boca que non lle deixaba falar ben e pronunciar ben a letra r  como lle pasa ao protagonista do conto. E a segunda representación foi "Orellas de Bolboreta" que trata dunha nena que coa súa imaxinación consegue darlle a volta aos crueis comentarios dos seus compañeiros e compañeiras do cole e ao final xogan con ela conseguindo vencer o seu medo para falar en público e a actuar fronte a descoñecidos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario