miércoles, 29 de mayo de 2019

Erica Esmorís e o poder de Amabel


Ter a Erica Esmorís na biblioteca é un pracer porque ela é unha persoa cunha especial sensibilidade con nenos e nenas por iso é tan fácil o seu encontro con eles. Sabe escoitalos e explicarlles a vida con palabras sinxelas. Erica falou de como una escritora enfróntase ao seu traballo. Do importante que é a disciplina porque iso da musas inspiradoras no funciona sen moito traballo detrás. Contounos como parte da súa experiencia para crear aos personaxes. A familia de Amabel está inspirada na súa propia familia aínda que eles non se recoñecesen!!



Tamén explicou que o resto dos personaxes son creación literarias que ela necesitaba para contar a historia ou como imaxinaba unha Amabel loura pero o ilustrador, despois de ler o libro, debuxou a Amabel morena e con gafas, como todos a coñecemos agora.
Para Erica este libro é un libro de longa vida, que lle segue dando moitas satisfaccións e segue sendo igual de actual que no momento no que se escribiu. Pode que o segreto do éxito estea en que a situación retratada é moi real: un pai que queda sen traballo coas consecuencias económicas que iso ten para a familia, unha nai que se mutiplica por mil para intentar chegar a todo... E polo medio, Amabel co seu poder que é un dos mellores do mundo pero non o imos a descubrir aquí.
Ao final resultou  que os nenos e nenas de 4º EP teñen superpoderes: parar todos os goles, ver o mundo de unha forma diferente aos demais, escoitar aos animais... Que poder ter ti?

No hay comentarios:

Publicar un comentario