martes, 4 de junio de 2019

Malibú, o canciño mestre

A noticia correu como a pólvora polos corredores... Había un can na biblioteca! Esto desatou un mar de curiosidade e de entusiasmo. Pois si... era certo! Dende a Granxa Grande de Xanceda e organizado polo Equipo de Actividades Extraescolares, chegaron Malibú e Adriana para encontrarse cos nenos  e nenas de 2º e 5º de EP.


E como a nosa biblioteca está chea de historias, Adriana contounos a verdadeira historia do can Malibú. Foi un can abandonado que vagaba pola estrada preto da súa granxa. Recollérono, e tras darlle un bo baño, comida quente e moitos mimos, Malibú pasou de estar soíño no mundo a ser un máis. Os dous decidiron facerse mestres e a adicar os seus esforzos a compartir os seus momentos tristes para concienciar a pequenos e maiores da importancia da responsabilidade de ter unha mascota. Os animais non son xoguetes dos que un se cansa aos poucos días. As mascotas como Malibú, requiren unha serie de coidados e temos que facernos responsables delas: alimentación, coidados veterinarios, momentos de diversión, paseos, educación e mimos (moreas de mimos)
En definitiva, con Adriana e Malibú aprendemos que as mascotas son un membro máis da familia e sempre, sempre, hai que coidar moito delas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario