lunes, 3 de junio de 2019

II Encontro robótico Arteixán

Xa van alá dous anos desde que arrincamos o proxecto de Bibliotecas Creativas na nosa biblioteca e, xa sabedes, que os espazos novos crean novas oportunidades. No noso caso, novas oportunidades de aprendizaxe. Pero o mellor que nos está traendo este proxecto son persoas que nos axudan a non derrapar nas curvas. Entre estas persoas están as compañeiras da EEI Barrionovo. E tocaba xuntarnos para ver, explorar, probar...



Foron tres días de visitas intensas. No seu Espazo Fedelleiro fixemos un taller de pintura y construcións con luz negra, xogamos na mesa de luz, pasamos polo taller de despezamento para aprender que hai dentro de obxectos electrónicos cotiáns e, como non, aprendemos a deseñar na app Doddle 3D para poder logo imprimir os nosos deseños. Tope de diversión. Todo, cos seus pequenos e pequenas de EI que foron os mellores anfitrións.



No noso Espazo Makers PdB, fixemos circuitos con plastilina condutiva e unha batería de experimentos que nos permitiu xogar coa auga, facer un arco da vella ou experimentar con forzas que fan que cambie a materia... A que soa moi científico? Así somos os makers. No nosos caso foron os pequenos makers de 2º os que se encargaron de todo.
Cantas ideas novas para o futuro levamos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario