martes, 18 de marzo de 2014

"Cuerdas": conto interactivo musical para iPad


"Cuerdas" é o primeiro conto interactivo da colección Suite Son para iPad, baseada na obra da artista Teresa Tomás.
O conto narra as aventuras dun can moi especial, metade violín metade guitarra eléctrica, enganchado por un pentagrama e que loita por liberarse para irse de aventuras cos seus amigos: un paxaro chamado Vento e unha ra chamada Percusión. Para iso, necesitará a axuda da árbore Llorón, cuxas ramas son as bágoas que caen da gran cantidade de ollos que cobren o seu madeiro.
A música é a protagonista desta historia que vai acompañada de 12 xogos de vocabulario e traballa conceptos como o compañeirismo, a empatía, a liberdade ou a solidariedade con grandes animacións e interaccións.
Unha colección de xogos nos que poderedes:
  • Tocar música nunha escala de cordas dixitais.
  • Identificar formas na natureza.
  • Expresar estados de ánimo como triste, sorprendido, enfadado, bromista ou chorón.
  • Aprender a contar.
  • Coñecer as especies animais e as familias musicais.
  • Descubrir tesouros en lugares remotos.
  • Establecer parentescos entre pai, nai, fillos, irmáns e avós.
  • Cantar en karaoke a canción do conto.
  • Memorizar personaxes.
  • etc
Dende Suite Son anúnciannos que pronto coñeceremos os amigos de Cuerdas: Vento e Percusión, o paxaro e a ra protagonistas dos novos contos desta serie.
De momento... gozade con Cuerdas!


1 comentario:

  1. Alucinante! Non hai mellor maneira para aprender música: boa didáctica, visualmente impecable, e sons deliciosos! Ummmm...riquísimo!

    ResponderEliminar