Na nosa biblioteca hai un libro que fala de estrelas que se bican ás que lles podes pedir un desexo... (ver entrada anterior aquí).
Nós pedimos o noso desexo alá polo mes de abril, e grazas ao profe Jaouad e á alumna de sexto Umeima coa súa constancia, fíxose realidade... Hoxe visitaron a nosa biblioteca Francisco Fernández Naval (Chisco) e Ali Ali, autor e ilustrador de "Suleiman y Salúa", libro marabilloso publicado pola Editorial Trifolium.
Chisco falounos de sereas, achegándonos ao mundo da tradición galega e ao universo das mil e unha noites da infancia de Ali. Foi unha mañá de lecturas compartidas en galego e árabe, na que os nosos nen@s estudantes de árabe demostraron todos os seus coñecementos.
Moitas grazas a Xan, da editorial Trifolium, ao profe de árabe Jaouad e, sobre todo, a Chisco e Ali.
No hay comentarios:
Publicar un comentario