jueves, 19 de junio de 2014

Pechado por aventuras


Este ano foi un curso longo no que a nosa biblioteca se encheu de terribles presenzas en Samaín, de contos de inverno, de Plateros reinventados, de Charlie e billetes dourados, de siluetas con medos e sentimentos, de galerías de monstros e códigos QR coas recomendacións dos nosos expertos. Tamén tivemos visitantes que nos descubriron contos sen palabras como Alberto Vázquez con "Marina y la luz", contos de burros con Inacio Vilariño, contos de xacias con Anxo Moure, historias de Miquel Rayó, Fina Casalderrey e Xabier DoCampo, ilustracións de Ali Ali e lendas de Chisco... e por último moitos contos para dar a volta ao mundo.
Nesta última entrada queremos despedir dúas compañeiras integrantes do equipo da biblioteca. En primeiro lugar a Sofía, que pasou só uns meses connosco pero que se integrou rapidamente no traballo do equipo co seu eterno sorriso. Sorte co teu próximo destino.
Tamén dicir adeus a Laura Calderón que hai dous anos se puxo o mono de faena e acabou pintando de verde pistacho o que non era máis que un sono. Grazas polo teu entusiasmo, pola túa serenidade cando as cousas se puxeron costa arriba e por participar na construcción do que hoxe é a nosa biblioteca. Aínda que o próximo ano non vas estar no equipo, sabemos que sempre poderemos contar contigo.

Por último queda desexar a todo o cole un bo verán. Merecémolo. Viaxade polo mundo e traede moitos recordos na vosa memoria para contarnos á volta... Estes son os vosos deberes.

Vémonos en setembro!

4 comentarios:

  1. Noraboa a todo o equipo de biblioteca por esa loita continua e por, con moito esforzo e traballo, ir rescatando este gran galeón que é a nosa biblioteca das profundidades onde se atopaba. O traballo foi moi duro pero os resultados saltan á vista
    Súmome a ese agradecemento a Laura e Sofía por aportar ese gran de arena diario para construir esta nova biblioteca.
    Feliz verán

    ResponderEliminar
  2. Grazas a todo o equipo directivo polo voso apoio incondicional.

    ResponderEliminar
  3. Resulta doado integrarse nun grupo de traballo cando te sintes ben acollida. Foi unha breve experiencia de só uns meses, plena de aprendizaxes e bós momentos. Grazas a todas por facerme partícipe deste fermoso proxecto de biblioteca.

    ResponderEliminar