sábado, 28 de noviembre de 2015

Ata sempre Balbino!

O escritor Xosé Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, a obra máis vendida e traducida da literatura galega, díxonos adeus onte aos 87 anos de idade.
"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre...", a primeira frase de Memorias dun neno labrego, quizais unha das máis repetidas da literatura galega, acompañou a infancia de varias xeracións de nenos e nenas de Galicia.
É o primero "best-seller" da literatura galega e está considerado como a obra inaugural da literatura infantil e xuvenil en galego, pero as súas fronteiras non quedaron na comunidade, senón que desde a súa publicación en 1961 traduciuse a 15 idiomas e leva miles de exemplares vendidos.

A longa traxectoria de Neira Vilas pasa polo ensaio, a novela, o xornalismo ou a poesía e, polo seu intenso traballo de máis de 50 obras e o seu activismo en defensa da lingua galega, recibiu nos últimos anos múltiples homenaxes e premios. Neste mesmo 2015 concedéronlle a Medalla de Ouro de Galicia, a máxima distinción do Goberno galego.

Se queredes saber máis sobre Balbino, aquel neno de aldea pícaro e aventureiro que miraba á sociedade dun modo crítico e no que se viron retratados varias xeracións, ou a Lelo, compañeiro de aventuras de Balbino que emigra cos seus pais a Brasil... na nosa biblioteca estos dous libros están a esperar por vós, e así render homenaxe a esta gran figura literaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario