viernes, 28 de abril de 2017

Cerimonia de entrega Premios Arquitectura PdB


Durante a Semana do Libro festexamos a entrega das Medallas do Premio Internacional de Arquitectura PdB ás aulas gañadoras e esta celebración foi moi especial para os niveis de 1º, 2º e 3º porque tivemos alfombra vermella e uns grandes maestros de cerimonia: os Mini-Bibliotecarios.
Durante todo o trimestre a Biblioteca seguiu os seus proxectos arquitectónicos con moita atención. Vimos como foron quen de facer unha boa planificación inicial que en algúns casos tivo que enfrontar problemas cos materiais e a estrutura. Houbo que reinventar o proxecto co tempo xogando en contra. Nalgúns momentos pensamos que os proxectos non ían estar rematados a tempo... pero coma sempre, sorprendémosnos coa vosa capacidade de imaxinar e crear.
Noraboa a tod@s pola calidade dos vosos traballos e o esforzo realizado. Sodes uns grandes arquitectos!


3 comentarios: