martes, 13 de febrero de 2018

Entroido científico e tecnolóxico

O pasado día 9 de febreiro celebramos no cole con moita alegría e creatividade o noso entroido "científico e tecnolóxico". Había robots de moitas cores por todas partes xa que os mais cativos andan moi entusiasmados co asunto da robótica e os escornabots.

Tamén atopábamos a moitos científicos aloucados e extravagantes desexosos de facer experimentos coas súas probetas e aparellos de destilación con estraños líquidos de cores. 

Outros fixeron unha pequena homenaxe  a grandes físicos e matemáticos como o gran Albert Einstein ou o xenial Isaac Newton.

Os de 5º de Primaria decidiron mergullarse en mundos virtuais con lentes VR xa que están a traballar co programa CoSpaces.


E, por último, o alumnado de 6º, fixo unha pequena homenaxe aos grandes pensadores gregos, a quen lles debemos a maior parte do que hoxe temos xa que foron a semente do que removería todo dentro das mentes dos que lograron a evolución do noso mundo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario