Mostrando entradas con la etiqueta Coeducación e Igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Coeducación e Igualdade. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de marzo de 2017

Lecturas en feminino


Ao longo da historia houbo mulleres loitadoras, innovadoras, que non tiveron as facilidades que temos na actualidade en pleno século XXI. Son mulleres guerreiras que tiveron que librar moitas batallas para alcanzar os logros que conseguiron, nunha época na que eran os homes os que tiñan as oportunidades.
Sen dúbida todas elas poden chegar a ser un bo modelo para o noso alumnado, un exemplo de loita e superación que atoparemos en todos estes magníficos libros. Mañá, 8 de marzo, renderemos homenaxe a todas esas mulleres que non tiraron a toalla, que son un exemplo de fortaleza, de persistencia, de superación... Como dixo Marie Curie: "Nesta vida non hai nada ao que ter medo. Só hai que entender as cousas"

lunes, 6 de marzo de 2017

Mulleres que nos inspiran

Aínda que non o pareza, a historia está infestada de mulleres marabillosas que lograron cousas incribles, pero que polo feito de ser mulleres non tiveron o recoñecemento que se merecían.

Esta semana na que festexamos o Día da Muller Traballadora, presentámosvos dous libros que nos fascinan. Neles atoparedes moitas historias de mulleres rebeldes que cambiaron o mundo; mulleres que se ataron a coleta e crearon inventos ou obras de arte, que lograron cumprir misións secretas ou defenderon pensamentos políticos, pero que, sobre todo, demostraron que só se necesita plantarlle cara á vida como auténticas estrelas de rock.


Irene Cívico e Sergio Parra fan un percorrido ao longo da historia de 26 mulleres que marcaron fitos en campos moi diversos. Os autores de "Las chicas son guerreras" detéñense en nomes de mulleres moi coñecidas: Mary Shelley, Audrey Hepburn, Frida Khalo ou Lady Gaga, pero tamén nos doutras mulleres que abriron o camiño á modernidade e son menos coñecidas como Nellie Bly, a primeira muller que deu a volta ao mundo en 72 días; Alice Guy, a primeira directora de cinema da historia; Valentina Tereshkova, a primeira muller que viaxou soa ao espazo; ou Nancy Wake, xornalista neozelandesa que se uniu á resistencia contra o nazismo despois de entrevistar a Hitler. Todas elas son mulleres que chegaron máis aló do que o machismo histórico permitiulles, e todas elas, desde Hipatia de Alexandría cos seus logros científicos ata Malala Yousafzai co seu Premio Nobel da Paz gañado aos 17 anos, son exemplos a seguir para superar as barreiras do mundo.
A linguaxe deste libro é bastante sinxela e clara polo que a lectura faise moi amena, con certos xiros humorísticos que contribúen a crear historias cun estilo áxil e dinámico.

As ilustracións de Nuria Aparicio poñen a "guinda" a este libro, dando cara, cor e movemento a estas mozas guerreiras, dándolles personalidade cunhas acuarelas marabillosas cun certo aire retro dos anos 40 e 50.




"Grandes Damas" é un orixinal xogo de damas no que cada unha das 24 fichas representa a unha gran muller e é ademais un libro de biografías, no que se narran en forma de conto as apaixonantes vidas e fazañas das nosas protagonistas. Todos os contos están acompañados dunha bonita ilustración de gran formato.
Todas estas mulleres, de diferentes lugares, tempos e culturas, foron capaces de superar as barreiras e crear a súa propia historia. Algunhas foron recoñecidas e forman parte da historia da humanidade pero moitas outras foron descoñecidas, ignoradas e mesmo escondidas. Aquí tedes algúns exemplos:



Frida Kalho (pintora), Gloria Fortes (poeta), Amelia Earhart (aviadora), Wangari Maathai (bióloga e Premio Nobel da Paz), Hipatia de Alexandría (pensadora e matemática), Mary Read (pirata).



Carmen Sarmiento (reporteira), Valentina Tereshkova (astronauta), Lilith (a primeira muller), Mari (a bruxa), Txaro Berzosa (cantante e compositora), Orella Tola (chamana).

viernes, 18 de noviembre de 2016

Biografías de mulleres destacadas da historia


Acaba de chegar á biblioteca a fantástica Colección Miranda publicada por Edelvives con relatos sobre as vidas de mulleres destacadas da Historia contadas desde a ocurrente visión de Miranda, unha nena de 8 anos. Trátase dunha serie de libros escritos pola actriz Iztiar Miranda en colaboración co seu irmán Jorge e ilustrados por Lola Castejón.

Miranda, que é moi curiosa e amante das historias, achéganos a personaxes femininos importantes do ámbito da ciencia, a pintura, a música, a moda ou a política.


Desde a súa visión, Miranda fálanos de como descubriu a súa paixón pola pintura Frida Kalho, a súa relación con Diego Rivera e o seu éxito internacional; fálanos tamén de Marie Curie, a quen Miranda chama Marieta, a que enredaba con probetas, de como era Polonia cando Marie naceu, do duro que tivo que traballar para poder viaxar e estudar na universidade de París, de como descubriu o radio e de como, cando gañaron o Premio Nobel da Física ela e o seu querido Pierre Curie. Emocionante resulta tamén a historia na que Miranda descobre o jazz e namórase da voz de Billie Holiday, que tivo que enfrontarse a unha dobre discriminación, por ser muller e por ser negra. Tamén nos relata a incrible historia de Jane Goodall, a mellor amiga dos chimpancés que viaxou a Africa con 26 anos e aínda hoxe os seus descubrimentos déixannos coa boca aberta... E así, ata un total de 9 incribles relatos de mulleres destacadas: Coco Chanel, Indira Gandhi, Cleopatra, Amelia Earhart e Juana la Loca.
Esperamos que a colección siga crecendo!


martes, 15 de noviembre de 2016

Érase dúas veces... contos coeducativos non sexistas


Nos últimos anos aumentou a literatura infantil que rompe co ideal de princesa sumisa que debe ser salvada polo príncipe, cuestionando así os modelos tradicionais de feminidade e masculinidad. A colección Érase dúas veces, da editorial Cuatro Tuercas, ten como obxectivo reformular os contos tradicionais que están cheos de actitudes e ensinos que en numerosos casos rozan o machismo ou actitudes pouco igualitarias entre homes e mulleres.
Os seus autores, Belén Gaudes e Pablo Macías, crearon este proxecto tras ser conscientes do verdadeiro contido dos contos clásicos, polo que decidiron reescribilos respectando a maxia das historias, a fantasía e a súa atemporalidade pero desposuíndoas do sexismo, a violencia e a desigualdade. 


Nas historias de Érase dúas veces as protagonistas son mulleres reais, decididas, independentes, intelixentes e que rexeitan o ideal de amor romántico. Por exemplo, Cincenta teno claro e independízase, ademais rexeita os zapatos de tacón e, por suposto, pasa olímpicamente dos príncipes; Brancaneves non é apresuradamente recollida por sete ananos, ela comparte piso con sete mozos e, como calquera que queira sobrevivir, tócalle poñerse a traballar, a mina convértese no seu lugar de traballo e Brancaneves nunha muller forte que é plenamente consciente de que un bico non a vai a salvar de ningún feitizo; Carapuchiña, pola súa banda, dedícase a buscar flores moradas polo bosque e se parte de risa coa broma que lle gastan a súa avoa e o lobo...

A verdade é que os contos quedaron divertidos, máxicos e moito máis coeducativos. Queredes comprobalo? Pois xa están dispoñibles na biblioteca os 9 contos da colección.

viernes, 6 de marzo de 2015

Lecturas en feminino para o 8 de marzo

Aquí tedes unha serie de lecturas recomendadas pola editorial Kalandraka para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.
Todos estes libros están dispoñibles na nosa biblioteca.


lunes, 24 de noviembre de 2014

"O monstro": material para traballar a violencia de xénero

Xa que mañá se celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Equipo de Convivencia do centro elaborou este material para traballar na aula co conto de "O monstro" de Daniel Martín traducido ao galego cun suplemento de actividades.
Un libro ideal para traballar o tema da violencia machista, cun texto duro, aínda que contado cunha delicadeza extrema e acompañado polas ilustracións de Ramón Trigo que amainan o sentido do texto.



O libro cóntanos como Rosario e o seu irmán viven cun monstro. Eles descríbeno como un monstro forte e alto que chuspe escuma pola boca e que en moitas ocasións, os seus ollos se tinguen de vermello. Trátase dun relato que nos achega á realidade na que están inmersos moitos menores, móstranos dun xeito inocente o que senten dous irmáns que viven e sofren a violencia no seu fogar.

Todos xuntos debemos loitar contra estes monstros, que por desgracia hai moitos. Animádesvos?

lunes, 25 de noviembre de 2013

Material didáctico: Violencia de Xénero

Deixámosvos a continuación  este estupendo material elaborado polo Equipo de Convivencia do centro coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, onde podedes atopar información, recursos e actividades para realizar durante estes días nas aulas. 

"Artur e Clementina": Coeducación e igualdade

Dende a biblioteca propoñémosvos hoxe, Día Internacional contra a violencia de xénero, a lectura do conto "Arturo e Clementina", unha historia fabulada escrita por Adela Turín que pretende poñer en valor o rol feminino na sociedade, erradicar os estereotipos sexistas e a discriminación, para cambiar mentalidades e construír un mundo mellor.

Sinopse do conto:
O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas calidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Arturo anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfán a súa ansia de desenvolvemento persoal.


Estes son outros libros da autora e a ilustradora, pioneiros en traballar os temas da igualdade e a coeducación para o público infantil

     

Clicade nas imaxes para ver a información de cada un dos libros