jueves, 20 de diciembre de 2018

Novos espazos, novos retos



Rematamos o trimestre con cambios luminosos na nosa biblioteca, con novos espazos que abren novas posibilidades para aprender e construír xuntos.  
E non pensedes que foi fácil. En menos de 24 horas démoslle unha volta completa á biblioteca. Protagonistas absolutos do cambio foron os nosos Mini-Bibliotecarios, que co seu ánimo, esforzo e entusiasmo fixeron que todo fose máis rápido. Quen dixo medo...
Cambiamos as coleccións de sitio. Houbo andeis que se moveron cunha tonelada de libros que recolocar. Houbo mobles que montar e ferramentas que nunca antes pisaran a biblioteca. Algunhas viñeron para quedarse porque as vamos a necesitar no noso camiño cara a unha biblioteca creativa. 
As gavetas aínda están baleiras pero iranse enchendo o próximo trimestre. Moitas ideas e moitos propósitos como se corresponde coa época do ano que estamos a vivir. Fagamos entre todos que se fagan realidade.
Cos mellores desexos para o 2019!!!

domingo, 16 de diciembre de 2018

Libros para regalar no Nadal

Se sempre vos gusta que Papá Noel ou os Reis Magos sorpréndanvos cun libro, aquí tedes unha listaxe para poder elixir algún. Un libro é un bo agasallo sempre. Pero ademais, se acertades co gusto ou a sensibilidade da persoa a quen llo regalas, ten posibilidades de converterse en inesquecible.
Aquí van as nosas recomendacións deste ano feitas en colaboración co EDLG para os lectores de todas as idades e tamén para as familias.

jueves, 13 de diciembre de 2018

Mellores lectores do trimestre

Aquí os tedes... aos mellores lectores do trimestre. Onte tivo lugar na biblioteca a entrega de agasallos e o tradicional pousado para o cadro de honra. 
Noraboa a Tita, Sofía, Erea, Juan, Erika a Ariadna polo voso entusiasmo pola lectura. 

martes, 4 de diciembre de 2018

sábado, 1 de diciembre de 2018

E ti... que sabes dos clásicos?

Os ImPrescinDiBles seguen o seu camiño este ano no que nos estreamos cos itinerarios lectores. Na nosa selección hai unha boa dose de libros de escritores galegos que teñen que estar porque son unha obriga en calquera lista de LIX pero tamén incluimos contos tradicionais e contos literarios. Todos coñecen de sobra a Carapuchiña ou Os tres Porquiños pero... e a O Anano saltarín ou ao Xigante egoísta?
Cun Kahoot de contos clásicos repasamos unha chea deles. Moitos coñecidos outros xa non tanto. Serviunos para traballar a expresión oral na biblioteca e para acender a curiosidade de moitos con estas historias.


E como sempre que usamos un Kahoot houbo emoción, competividade e moito pero que moito alboroto.


martes, 27 de noviembre de 2018

ERW18

Por segundo ano unímonos á celebración da European Robotic Week cos nosos pequenos Escornabots: Wendel, Parafuso, Robotín, Willie e Placa, que recentemente voltou á vida despois de acabar o curso pasado feito trizas.
Foron os  nenos e nenas de 2º , que se están a convertir en excelentes mentores, os que organizaron a actividade. Nunha caixa levaban varias alfombrillas robóticas, dados con números e cores, un destornillador e robo-puntos. E a donde foron? Pois ás aulas de 1º onde os estaban esperando preparados para xogar...


E iso fixeron... Xogos para aprender os movementos básicos do robot, para construír historias con personaxes diferentes, para averiguar figuras xeométricas, para facer sumas e restas e gañar máis robo-puntos ou chegar de primeiros á meta. 
Arteixo no mapa da robótica europea grazas aos nosos pequenos e pequenas!!


lunes, 26 de noviembre de 2018

Experimentos científicos na biblio

Aprender sobre densidades coas mans cheas de mel, ver a combustión xogándonos a vida cun chisqueiro, facer maxia cunha bolsa e uns lapis, descubrir que non todo o duro é duro e o brando é brando e facer un aerodeslizador que nos lembrou á peli Regreso ao Futuro... Para todo iso está dando o Mes da Ciencia en Galego na biblioteca.
Nunca estivo tan desordenada, caótica e sucia pero canto temos aprendido nesta semana! Preparar o experimento, decidir como se organizan os científicos, redactar e practicar a presentación, ver como o experimento fracasa e ser quen de modificalo polo aire, buscando unha solución. Moitos nervios e moita emoción e un profundo respecto polos pequenos de 2º de EP que foron os que fixeron todo o traballo coas súas titoras.
Pepa, Patricia, Rosa, Cris, Ximena e a panda de pequenos e pequenas,  sodes xeniais!!!!! Grazas... Mil grazas.


lunes, 19 de noviembre de 2018

ERW2018 na biblioteca


Por segundo ano temos posto Arteixo no mapa da robótica europea. Participaremos cun evento que xa inscribimos na European Robotics Week. Os nosos escornabots serán os protagonistas deste ano. Os nenos e nenas de 2º EP visitarán as aulas dos recentemente chegados a 1º EP para ensinarlles todos os segredos escornabóticos porque nos gusta facer pero moito máis compartir.

martes, 13 de noviembre de 2018

Mes da Ciencia na biblio


Para celebrar o mes da Ciencia facemos unha breve selección de títulos para nenos e nenas curiosas, que podedes encontrar na biblioteca, con experimentos sinxelos e apaixonantes, cos que poderedes facer un novo descubrimento científico cada día do ano. 



Tamén encontraredes libros para aprender como os científicos explicaron o mundo que nos rodea, entender por que os descubrimentos do pasado seguen sendo importantes ou explorar as ideas máis desconcertantes da ciencia moderna.



A vindeira semana temos unha serie de actividades programadas para o alumnado de 5º e 6º que non vos podedes perder, sobre todo porque serán explicadas por nenos e nenas de 2º. 
Con que experimentos sorprenderannos?

martes, 6 de noviembre de 2018

miércoles, 31 de octubre de 2018

Os imPrescinDiBles


Vimos de rematar a celebración da nosa Semana das Bibliotecas, e como vos dixemos esta vez fomos nós, en vez de vir vós. Durante toda a semana o Equipo de biblioteca visitou todos os cursos de primaria para presentar o itinerario lector que vén para quedar. Tres libros por nivel en forma de agasallo que farán do Proxecto Lector dos venres un día diferente. Dende 1º ata 6º de educación primaria vos acompañarán non só clásicos da literatura universal senón tamén, e incluso con maior motivo, clásicos da literatura galega. A mestra e o Zorro, Cartas de Inverno,  Alicia en el país de las maravillas, Cuentos en verso para niños perversos, 20.000 leguas de Viaxe submarino, Fábulas de Esopo... Todos pensados para axudarvos a descubrir as infinitas historias que os libros agochan. Necesitabamos unha voz que lle dera forza a esas historias... e quen mellor que os vosos titores e titoras?



Os peques de Educación Infantil tamén teñen os seus imprescindibles: Un pequeno que non quere crecer, poemas e contos de Gloria Fuertes e unha nena que terá que seguir o camiño de baldosas amarelas. A puntiño de chegar as súas aulas.