Co motivo da celebración do día da Muller, na nosa
biblioteca tivemos unha visita moi especial: a futbolista do Deportivo da
Coruña Cristina Oreiro.
A súa paixón polo fútbol comezou naqueles partidazos do
recreo no seu cole de Galán. Aínda que fose a única nena do cole xutando un
balón, Cristina tivo moi claro dende ben nova que ela quería adicarse ao fútbol
de maior. Así que cando contou na casa a súa decisión, os seus pais apoiárona e
apuntouse no equipo de futbito do cole. Só lle puxeron unha condición: tiña que
seguir estudando todos os días. E aínda que as veces estivera cansa de tanto adestramento e estudo, seguíu esforzándose e pasou por moitos equipos de fútbol
feminino como o CF Oseiro, Pastoriza CF, Mabegondo FSF ou o Victoria CF
demostrando o seu bo facer co balón. Nin sequera as fastidiosas lesións de
toda boa deportista, conseguiron apartala do seu desexo máis grande: xogar no
estadio de Riazor. E sendo fiel ao seu
lema: “Pódese conseguir con esforzo e tesón todo o que un se propón”, na
actualidade forma parte do equipo do Deportivo da Coruña feminino.
Os nosos alumnos fixeron cola no recreo para que lles
firmara nas súas carpetas, axendas ou mesmo nos neceseres de Educación Física e
aproveitaron para facerlle moreas de preguntas.
Para a rapazada do noso centro, Cris Oreiro xa é a nosa
Cris, a número 12 do Depor. Moitas grazas campiona!
No hay comentarios:
Publicar un comentario