O Samaín anunciábase dende hai días no noso centro polos corredores e nas aulas como podedes ver...
O alumnado do Primeiro Ciclo preparaba nas aulas manualidades terroríficas para axudar na ambientación da biblioteca. Os de Segundo Ciclo creaban acrósticos de Samaín e os de Terceiro Ciclo inventaban contos, historias, comics... de medo.
Con todo isto, a nosa biblioteca vestiuse de Samaín. Preparamos unhas exposicións de libros de medo para os distintos lectores. Durante a semana que vén, aínda podedes disfrutar desta exposición.
Botádelle unha ollada ás fantásticas fotos que fixo Alberto, o profe de Educación Física.
O Samaín na Biblioteca
As profes encargadas deste espazo explicáronlles os alumnos e alumnas de diferentes cursos o funcionamento da nova biblioteca e dos nosos fondos.
Tamén houbo festa, moita festa para celebralo despois do recreo.
Encontrabas orixinais cabazas por todas as esquinas.
No Pavillón 1 o alumnado disfrazado agardaba ansioso o momento de entrar no túnel do terror, onde había moitas cabazas acendidas e profes con vestimentas terroríficas dando sustos de morte!

No Pavillón 2 había moitas larpeiradas monstruosas feitas polos nen@s e as familias.
Todo estaba boísimo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario