Na entrada de hoxe queremos mostrarvos dúas páxinas web de educación vial para nen@s de 3 a 5 anos e de 6 a 11 anos respectivamente, promovidas polo Instituto de Seguridade Vial da Fundación MAPFRE.
A maioría dos libros de contos pódense descargar en PDF. Cada un vén acompañado por unha actividade de comprensión lectora para que o alumnado realice despois da lectura.
A continuación mostrámosvos tres exemplos dos libros que contén a páxina web:
Autor: Carlo Frabetti
Ilustracións: Adolfo Serra
Idade recomendada: Entre 3 e 6 anos
Ilustracións: Adolfo Serra
Idade recomendada: Entre 3 e 6 anos
Mario pasea pola cidade e imaxínase que está na selva. Os vehículos convértense en animais salvaxes neste libro, que ensina aos máis pequenos como circular pola rúa.
Tamén está dispoñible como libro dixital interactivo con audio. Clicade na imaxe para velo.
Autor: Carlo Frabetti
Ilustracións: Mónica Calvo
Idade recomendada: A partir de 7 anos
Idade recomendada: A partir de 7 anos
Cada vez que Julia sae de paseo co seu can Pato, pon moito coidado en respectar as normas de seguridade vial. Pero, un día, Julia e Parrulo encontrarán no seu camiño algo máis perigoso que os vehículos e os cruzamentos de rúas: un espía que os persegue.
Tamén podes ler esta divertida aventura como libro dixital interactivo. Clicade na imaxe para velo.
Autor: Carlo Frabetti
Ilustracións: Patricia Metola
Idade recomendada: Entre 9 e 11 anos
As dúas rodas da bici de Gabi, as catro do skate de Luis e as oito dos patíns de Pablo forman a Banda das Rodas Tolas. Ata que un día, alguén se lles achegará e desafiará as súas ideas sobre o seu grupo, sobre a amizade, sobre as rapazas... e tamén sobre a seguridade vial.
Clicade na imaxe para descargalo en PDF
A partir de hoxe xa tedes dispoñibles nos iPads da biblioteca dous dos contos publicados no Apple Store (en castelán e en inglés)
No hay comentarios:
Publicar un comentario