jueves, 28 de noviembre de 2013

"El Guardián de la Imaginación": relatos interactivos con xogos

"Houbo unha vez un mundo onde as cores desapareceran. Unha estraña norma obrigaba as persoas a renunciar aos seus propios sonos e a gardalos en caixas de madeira. Noite tras noite deixaban esas caixas nos portais das súas casas e, antes do amañecer, eu recollíaas e levábaas ao Almacén da Imaxinación. Esa era a miña misión secreta... secreta ata o día de hoxe".
El Guardián de la Imaginación

"El Guardián de la Imaginación" é unha sorprendente aplicación publicada por PlayAttitude onde encontraredes todo un mundo secreto de entretemento con relatos interactivos, ilustracións, xogos... que só poderedes ir descubrindo cando abrades as diferentes caixas.
Atrevédesvos a entrar no Almacén? Pasade pola biblioteca e comprobádeo nos nosos iPads.




Nesta marabilla de aplicación encontraredes:
  • Fantásticos relatos ilustrados con banda sonora orixinal.
  • Mini xogos que avivarán as vosas habilidades e espírito creativo.
  • Orixinais fondos de pantalla.
  • Personaxes inspiradores.
  • E misterios, chaves, segredos, ... do Almacén da Imaxinación.
Deixámosvos o trailer da aplicación para que lle botedes unha ollada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario