lunes, 25 de noviembre de 2013

El Maltrato "Sutil": curtametraxe animada contra a violencia de xénero

El Maltrato "Sutil" é un emocionante conto escrito e dirixido polo coach emocional Diego Jiménez que trata sobre as mensaxes destrutoras que a sociedade envía a todos, pero especialmente ás mulleres, e como estas empequenecen pouco a pouco a nosa autoestima ata facernos esquecer o que somos en realidade.

..."Dixéronlle que para ser guapa tiña que ser delgada. E xa nunca puido comer o que lle gustaba sen sentirse culpable"...
En menos de 3 minutos, Jiménez logra evidenciar como os estereotipos impostos pola sociedade xeran na muller unha falta de autoestima que facilita o maltrato psicológico e físico.
Deixámosvos a curtametraxe animada a continuación, coas fermosas ilustracións realizadas por Sonia Sanz Escudero.


...Non esquezas nunca que a verdadeira beleza é unha actitude,
e que es incriblemente preciosa cando es auténtica ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario