lunes, 18 de noviembre de 2013

Lecturas sobre o desastre ecolóxico do Prestige


Once anos despois do desastre ecolóxico producido pola marea negra que trouxo a Galicia o afundimento do petroleiro Prestige... ninguén é CULPABLE!


Esta semana, como non podía ser doutro xeito, a nosa biblioteca quere recomendar lecturas para o noso alumnado sobre o que aconteceu aquel triste 13 de novembro de 2002. Como os nosos cativos case non teñen conciencia, porque non o viviron, desta traxedia sen precedentes, queremos facelos partícipes de todo o que aconteceu e sobre a incompetencia na xestión do Prestige. 
E é que se algo derramou este barco da morte, á parte do fedorento chapapote que inundou as nosa costa galega, foron ríos e ríos de tinta, en forma dunha gran cantidade de libros. Estes son unha mostra dos moitos que se escribiron a partir da traxedia.

    

   
  
          

Clicade nas imaxes para ver a información de cada un dos libros

1 comentario:

  1. Os alumn@s de 1º D e E, seguindo as suxerencias de lectura do blog, limos o conto "NUNCA MÁIS!" A ollada da infancia.
    Ademáis de concienciarnos sobre a importancia de coidar a nosa rica Natureza, traballamos as diferentes paisaxes e escribimos un pequeño traballo cunha das poesías que aparecen no libro.
    Moitas grazas Brociños e biblioteca PdB!!!

    ResponderEliminar