jueves, 21 de noviembre de 2013

"El Pájaro de los Mil Cantos": audio-libro xoia para o iPad

Paxaros, trilos, ás e unha desbordante imaxinación, é o que encontraredes en "El Pájaro de los Mil Cantos" publicado por LuaBooks. Este marabilloso audio-libro escrito e ilustrado por Lizardo Carvajal, levaravos tras o rastro dun misterioso paxaro capaz de imitar a todas as outras aves. Neste percorrido descubriredes paxaros nunca antes vistos nin rexistrados pola ornitoloxía. Pero, lograredes encontrar o paxaro dos mil cantos? Estades dispostos a intentalo? Só necesitades pasar pola biblioteca e comprobalo nos iPads.


  • Narrado en Español, Inglés e Francés.
  • Ti tamén podes ser o narrador da historia.
  • Contén máis de 17 fantásticas ilustracións de aves nunca antes vistas.
  • Totalmente animado e con efectos de son.
  • Marabillosa música orixinal.
  • Podes interactuar con todos os paxaros:
    • - Toca o Paxaro Piano para xogar cun piano real.
      - Toca o Paxaro Gramófono para ver de preto como se produce o seu marabilloso canto.
      - Toca o Paxaro Bicicleta e mírao moverse por toda a pantalla.
      - Sempre poderás volver escoitar o son de cada paxaro con tan só tocalo.
Seguro que a máis dun lle arranca un sonriso. Disfrutade deste conto, rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario