lunes, 20 de enero de 2014

Don Quixote da Mancha en versión interactiva para iPad

"Las Aventuras de Don Quijote" é unha aplicación desenvolvida por Touch of Classics. Este clásico da literatura española do escritor Miguel de Cervantes foi resumido tras unha coidada selección das escenas máis importantes e coñecidas. O resultado é un novo e sinxelo conto interactivo con texto en verso que utiliza unha linguaxe totalmente adaptada ao público infantil.

Algo moi destacado pola súa gran calidade son as ilustracións de Miguel Calero que cobran vida cos nosos movementos e a música de Michael Kropf composta en exclusiva para este produto.

Así que cando pasedes pola biblio poderedes convertervos en Don Quixote e percorrer A Mancha descubrindo os seus segredos. Seredes capaces de encontralos todos?
Poderedes interactuar con elementos e personaxes da historia e encontraredes puzzles e xogos. Ademais presentaránsevos dous mundos paralelos: o mundo real e o mundo que se forma unicamente na imaxinación de Don Quixote. Tocando as ilustracións en determinados lugares poderedes acceder aos dous mundos.


Deixámosvos o tráiler da app como mostra de como tedes que interactuar

No hay comentarios:

Publicar un comentario