jueves, 20 de febrero de 2014

"Rom y la ballena de los sueños": unha historia máxica

"Rom y la ballena de los sueños" é o primeiro libro app da recén creada Belmontis Publishers, unha editorial de vocación global e multicultural que nace co obxectivo de continuar a tradición do conto infantil nos novos soportes tecnolóxicos.
Esta historia orixinal do escritor valenciano José Miguel Vilar-Bou está ilustrada por Alejandra Zúñiga, debuxante de orixe mexicana afincada en Barcelona, que dotou dunha fascinante aura marabillosa á historia.


O libro, dirixido a lectores de seis a once anos, relata a historia dun príncipe xitano que vive cos seus pais nunha gran tenda xunto ao seu pobo nómade. Unha noite soña cun fantástico animal: unha balea alada con pés de león. A misteriosa criatura non deixa de visitalo insistentemente en sonos, así que, un día Rom, resolto a descubrir quen é esa balea máxica e que quere, decide partir en busca de respostas ao misterio. A súa viaxe a lombos do cabalo Invisible levarao por reinos fantásticos máis alá da imaxinación, onde correrá incribles aventuras. E así é como un día chegará á mítica cidade de Malba, onde achará a clave do enigma.

Simplemente máxica... esta historia encantaravos. Cando veñades á biblioteca xa poderédela gozar nos nosos iPads. A que esperades?

Aquí tedes o vídeo de presentación do conto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario