lunes, 5 de mayo de 2014

Obradoiro de animación con Abraham Carreiro

Hoxe visitou o noso centro Abraham Carreiro (debuxante, ilustrador e deseñador gráfico galego) para presentarnos "Estudios Tex"un proxecto editorial e didáctico, enfocado ao público infantil, que trata de achegar o marabilloso mundo da animación aos nenos e ás nenas mediante unha historia divertida e de suspense. Os Estudios Tex son o escenario onde transcorren as aventuras dos protagonistas deste libro. 
O obradoiro de animación, organizado polo EDLG, fíxose na sala de mestres para o alumnado de 1º ciclo, onde os cativ@s aprenderon como se levan os debuxos a animación (fixeron exemplos cun taumátropo).

Estudios Tex dispón dunha páxina web na que se colgarán todas as animacións feitas pol@s diferentes nen@s. Ademáis tamén hai información dos personaxes do libro, descargas de fondos de escritorio, marcapáxinas, debuxos para colorear...
Mirade o noso alumnado absorto comprobando como Abraham Carreiro é todo un prodixio de velocidade co lapis! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario